Experimenta o futuro de Thunderbird

Únete á versión beta hoxe e goza dunha emocionante vista previa das novas funcións e melloras visuais que chegarán a Thunderbird 128. Aínda podes executar Thunderbird 115 despois de instalar a beta en Windows sen configuracións especiais, a non ser que esteas a usar contas de correo POP. Consulta os detalles na base de coñecemento beta.

Thunderbird Beta é un software de acceso anticipado, polo que, por favor, informe das dificultades mediante o menú Axuda. Podes atopar axuda a través de "Obter axuda" e "Compartir ideas e comentarios", así como no foro Beta Topicbox.

Un foguete co logotipo de Thunderbird.