Desde 2003, a misión de Thunderbird foi ofrecer unha experiencia de comunicación poderosa e personalizable que respecte o teu tempo, os teus datos e a túa privacidade. Gratis para todos!
Cumprir esa misión significa manter Thunderbird seguro, manter unha infraestrutura complexa de servidores, actualizar o código antigo, corrixir erros e desenvolver novas funcións. Estas actividades son caras: requiren enxeñeiros de software talentosos e unha infraestrutura sólida.
Entón, hoxe pedímosche que nos axudes. Se obténs valor co uso de Thunderbird, considera facer unha doazón para apoialo.
O equipo de Thunderbird